Páginas

terça-feira, 4 de junho de 2013

O DESAFÍO DE B. HOHLWEG

B. Hohlweg, célebre editor de poesía, gabábase de ter mantido relacións sexuais con case todas as mulleres poetas do país. Existía unha lenda urbana que afirmaba que B. Hohlweg conseguía todos os favores sexuais que quería, porque todas as poetas oficiais do país accedían a iso para conseguiren ser publicadas na súa editora.

Porén, unha resistíase, unha que sempre asinaba co alcume d'A Canceleira. Os seus poemarios eran moi aprezados nos círculos literarios, mais nunca se puxera en contacto co señor Hohlweg para ser publicada por el.

— Estás a perder pontos, sabíalo? Xa todos din que non estás en forma —comentou xocoso o seu parceiro, R. Truitas—. Aínda non conseguiches ir para a cama coa tal A Canceleira.

B. Hohlweg sentiuse profundamente ferido no seu orgullo.

— Apostas que antes de dous meses lle publiquei un libro à tipa e ademais follei con ela?

— Aposto, mais tes que o demostrar cunha foto.

— Aceito.

Un mes e medio despois, R. Truitas recibía no seu correo electrónico a capa do novo poemario d'A Canceleira e mais unha foto en que aparecía o seu parceiro B. Hohlweg na cama con dous homes, unha muller e un can, todos nus, despois de teren follado. Así chegou a saber que A Canceleira era, na realidade, un poeta colectivo: tres poetas, dous homes e unha muller que escribían a seis mans. E mais un can, porque sen o can, aos tres faltáballes sempre a inspiración. E se alguén quería follar coa Canceleira, tería que follar cos catro xuntos, tamén co can.

Frantz Ferentz, 2013

Sem comentários: