Páginas

domingo, 2 de junho de 2013

IDENTIDADE SEXUAL E ENVEXAS

A Manuela e as súas dúas amigas sinceráronse. Durante a cea saíra o tema do lesbianismo. A Manuela insistira en que ela sempre tivera moi clara a súa sexualidade. A Xoana, unha das amigas, lesbiana recoñecida, insistía en que o 80% das mulleres levaban latente o lesbianismo.

— De verdade, non é o meu caso —insistía a Manuela—, mais hei confesarvos algo...

As dúas amigas prestaron aínda máis atención á espera de ouviren unha confesión.

— Cando cativa —proseguiu a Manuela—, quixen ser un neno para poder mexar de pé... Era só por envexa...

O home da Manuela, até daquela ausente da parolada, deu un grolo do vaso do viño e dixo:

— Agora entendo por que me obrigas a min a mexar sentado...

Frantz Ferentz, 2013

Sem comentários: