Páginas

quinta-feira, 30 de maio de 2013

O RETORNO

Despois de moito tempo, el apareceu na porta da casa dela. Tería levado unhas flores caso puidese, mais non había hipótese. Ela estaba no salón, a ler à luz da tarde, sentada no sofá. Viuno aparecer diante dela. A expresión do rostro da muller mudouse de todo. Pousou o libro no colo e espetoulle:

— Es tu? Voltaches? Es un coirón. Nin sabes o tempo que te agardei desde a derradeira vez. Confiei en ti e deixáchesme soa, abandonada à miña sorte. Crin morrer, mais onde estabas tu, eh? Onde estabas? Non me basta que aparezas agora co rostro compunxido, con aspecto de ter voltado da guerra, non. Non quero verte máis, vaites... E deixa as chaves no móbel da entrada cando saias.

Ela recolleu o libro e continuou a leitura, aínda que saloucaba. El virouse e dirixiuse cara à porta. Ela non lle dera sequera a oportunidade de lle explicar que morrera e por iso non estivera con ela. Despois obtivera permiso para voltar uns minutos onda ela, como fantasma para explicarlle todo. Porén, pasara o tempo, marcharan as oportunidades e ela non entendería nunca.

Frantz Ferentz, 2013

Sem comentários: