Páginas

quinta-feira, 21 de março de 2013

QUEN É REVOLUCIONARIO...

Gustaba tanto da revolución que chegaba á casa contra as seis todos os días, despois de dedicar todas as súas enerxías a ela. Porén, tiña pavor de que os obxectivos da revolución se cubrisen demasiado de présa. E se iso acontecer, a súa vida, sen revolución, carecería de sentido. Por iso, durante cinco ou seis horas todas as noites, dedicábase tamén á contrarrevolución clandestinamente. Era a única maneira que se lle ocorrera de ralentizar o rápida que corría a revolución.

Frantz Ferentz, 2013

Sem comentários: