Páginas

terça-feira, 12 de junho de 2012

O QUE SE ESCONDE TRAS A PORTA

Xusto despois de abrir a porta, encontrei que penetraba noutra parte, algo que podería definir como outra dimensión. Abraiei. Atopeime nunha especie de fraga mesta. Por algunha razón pensei que tiña sufrido unha especie de viaxe iniciática, como a personaxe de Alicia. Se cadra, aquela novela non era fantasía, era real. Ou seica a mente do autor era a dun demente, como a miña, capaz de crear as cousas máis extraordinarias, e por iso vía pasar perante min aquela tartaruga con capacete que viaxaba nunha folla de loureiro como se fose unha alcatifa máxica, ou o elefante con botas de cosaco  que botaba burbullas pola trompa cada vez que ría con riso de hiena. Podía ser ou non unha paranoia, mais por acaso quixen reaxir rapidamente. Como aínda non dera ceibado a porta, esta non fechara, de modo que retrocedín e fecheina tras de min. Entón ollei para o cartaz que había naquela porta daquela taberna de Budapeste e que dicía: "Álomország". Pois é, agora estaba seguro de que aquilo non quería dicir: "baño de homes".


© Frantz Ferentz, 2012

Sem comentários: