Páginas

quarta-feira, 13 de junho de 2012

O CRIME PERFECTO?


Jakub estaba satisfeito. Non podería ser descuberto, porque asasinar un amigo invisíbel era algo imposíbel de demostrar. O certo é que o motivo de ter matado aquel traidor de amigo invisíbel era que desde o seu perfil na rede social non facía outro que roubarlle as amigas, sobre todo as amigas. Cabrón.

Mais Jakub foi detido pola policía só unhas horas despois do crime. Nunca podería ter imaxinado que o seu amigo invisíbel, nos últimos estertores, fose capaz de escribir no muro do seu perfil que Jakub, o seu caro Jakub, acababa de asasinalo.


© Frantz Ferentz, 2012

Sem comentários: