Páginas

quarta-feira, 13 de junho de 2012

ANÁLISES DE SANGUE


Carla recibiu a mensaxe de François: «Non volvas a París. Teño cancro». Mais Carla non ía deixar morrer a súa historia de amor así. Apañou o primeiro voo de Roma a París e chantouse por sorpresa na casa do François. El non a esperaba. Nin tampouco a súa acompañante, núa na cama xunta el.

— Daquela, tiñas cancro, non? —espetoulle ela

— Bo, enganáronse os médicos —retrucou el escondendo o seu corpo espido so as sabas—. Fixeron mal as análises de sangue, xa sabes...

— Téñoche algo mellor que o cancro, cabrón —dixo Carla fóra de si da que lle mostraba uns cairos de lobo de 20 cm.

Entón lanzouse sobre el mordéndolle o pescozo naquela noite de lúa chea, luxando as sabas de sangue. Cando ela rematou a trabadela, díxolle:

— E agora, vai facer unha análise de sangue e verás que sorpresa levas... 

E Carla marchou ouveando cara à lúa chea.




© Frantz Ferentz, 2012

Sem comentários: