Páginas

sábado, 24 de março de 2012

TODO POLA POESÍA



— Entón —preguntou el a ela—, tu só gustas da poesía de mulleres?
— Só —mantívose ela firme—. A poesía de homes aborréceme.

— E se eu fose muller, leríasme?

— Claro —riu ela e ficou a ollar para el cunha idea repentina na cabeza—. Seica estás disposto a te someter a unha operación de mudanza de sexo para conseguir que eu che lea?

— Estou —respondeu el todo decidido—, mais heiche preguntar algo...

— Dime.

— E cando xa me teñas lido como muller, sabes se o da operación de mudanza de sexo é reversíbel?


© Frantz Ferentz, 2012

Sem comentários: