Páginas

quinta-feira, 22 de março de 2012

O HOME QUE SABÍA ESCOITAR

— Elmir, hai xa vinte anos que nos coñecemos e sei que es a persoa que mellor sabe escoitar e axudar aos que sofren.

O Elmir sorriu sen deixar de ollar para o chan. Gustaba moito da compaña da  Kamila e dos paseos que entrambos emprendían á beira do Moldava, un costume que xa se remontaba ao seu primeiro encontro.

— Mais mesmo así, hai unha cousa que aínda non entendín... —proseguiu ela.

Houbo silencio, mais o paseo non se detivo. A brisa lixeira parecía querer participar na conversa. Finalmente a Kamila lanzou a pregunta:

—  Por que hai xente que acolles para sempre e xente, con que despois de falares con eles uns minutos, rexeitas?

Aí Elmir non hesitou:

— Porque eu son un artista.

—  Perdoa, mais non entendo...

Aí si, aí xa Elmir espetou os seus ollos nos dela da que se detiña e dixo:

— É ben claro. Como artista que son, valoro de diferente maneira os que se lamentan con talento ou sen el. Por iso, só me ocupo dos que saben lamentarse con arte, pois son só eses os que me interesan...


© Frantz Ferentz, 2012

Sem comentários: