Páginas

sábado, 24 de março de 2012

MA VOITURE, MON AMOUR

Cando a miña dona recibiu a carta do xulgado, estrañouse. Notificábanlle que era acusada dun crime sexual por ataque con fins de sodomización. Ela, coa carta na man, ollábame espantada, sen entender nada. Ollando para a data e o lugar, decateime de que se trataba dun pequeno accidente de tránsito, cando ela bateu pola traseira un Renault Mégan cabrio branco con que tiveramos un pequeno choque na entrada a Praga un mes atrás. O tipo do auto, un auténtico cretino, daquela, non facía máis que berrar "Violáronmo, violáronmo" ao ollar para traseira do auto e ver aquel bolo que tiña. Xurou vinganza. Para nós aquilo tiña piada, mais para el non; dixo que acusaría a miña muller de agresión sexual ao seu auto e aí estaba a proba. E aínda máis grave era que un xuíz aceptase que un choque pola traseira a aquel cabrio branco inmaculado fose considerado asedio sexual consumado.


© Frantz Ferentz, 2012


Sem comentários: