Páginas

quinta-feira, 29 de março de 2012

COMO SOBREVIVIR SENDO BANQUEIRO

Ao brutal accidente aéreo só sobreviviron un banqueiro e dúas persoas máis. Alí no alto, por riba dos catro mil metros, levaría algún tempo seren rescatados. O peor, ademais do frío, era a falta de alimentos. 

Os servizos de rescate demoraron dúas semanas en chegar ao lugar do accidente. Os dous superviventes que acompañaron o banqueiro morreran de inanición. En troques, o banqueiro mantiña un aspecto relativamente saudábel malia a durísima situación. Explicou aos homes da equipa de rescate que tiña sobrevivido comendo unha pasta que atopara nunha caixa entre os restos do avión. Curiosamente tiña para el un sabor delicioso e nutrientes de máis para lle permitir a supervivencia.

Cando os expertos examinaron a caixa, descubriron que se trataba dun cofre que rompera co impacto por unha esquina. Estaba cheo de notas de banco, mais estas quedaron enchoupadas pola neve que entrara na caixa, até o diñeiro quedar transformado nunha pasta entre marrón e verde, da que se estivo a alimentar o banqueiro durante aquel tempo e mantelo nunha forma física e mental envexábel...

© Frantz Ferentz, 2012


Sem comentários: