Páginas

sábado, 24 de março de 2012

A COHERENCIA ESTÁ NOS LIBROS - LA COERENZA È NEI LIBRI


 


— Quéroche prestar o meu libro máis querido: La tentation d'exister, de Emile Cioran —dixo a Viviana ao Ferdinand, o home que acababa de entrar na súa vida e co cal quería desde o primeiro momento partillar todo.


— Quen é este home? —preguntou el collendo aquel libro cuxas cubertas xa só eran unha pel mol que resistira até daquela milagrosamente o paso do tempo.

— É un filósofo francés de orixe romanesa que é considerado o teórico do suicidio —explicou ela levando a cunca de café aos labios.

Ferdinand ollouna abraiado. Pensou que mellor lle podería ter prestado un libro de cociña ou coa letra das cancións de Elvis Presley. Sería por acaso un convite ao suicidio? Un suicidio en parella?

Ferdinand colleu o libro coa man esquerda, mentres coa dereita aínda sostiña o copo de cervexa loura. Mais fixo un movemento incorrecto, talvez tratábase de nervios, mais toda a cervexa caeu no libro, enchoupándoo de todo.

A Viviana fitou ao libro convertido nunha masa informe mollada con cheiro a cervexa. Non podía dar creto. Mais o Ferdinand atopou a resposta á pregunta non formulada:

—  Era o seu destino. Se o libro explicaba a teoría do suicidio, el mesmo había suicidarse. Polo menos fíxoo contento, afogado na cervexa... Tamén eu querería morrer así, sinceramente.


&    &    &



— Ti voglio prestare il mio piú caro libro: La tentation d'exister, da Emile Cioran —disse Viviana a Ferdinand, l'uomo che era appena entrato nella sua vita e con cui voleva dal primo momento condividere tutto.

— Chi è questo uomo? —chiese lui prendendo quel vecchio libro le cui copertine erano soltanto una pelle morbida che aveva resistito miracolosamente il passo del tempo.

— È un filosofo francese d'origine romena che è considerato il teorico del suicidio —spiegò lei portando la tazza di caffè alle labbra.

Lui la guardò stupito. Pensò che sarebbe meglio se gli avesse prestato un libro di cucina oppure con la lettera delle canzoni di Elvis Presley. Sarebbe forse un invito a suicidarsi? Un suicidio in due?

Ferdinand prese il libro con la mano sinistra, mentre con la destra ancora sosteneva il bicchiere di birra bionda. Ma fece un movimento incorretto, forse si trattava di nervi, ma tutta la birra cadde sul libro, bagnandolo completamente.

Viviana guardò il libro diventato una massa informe bagnata con odore a birra. Non ci poteva credere. Ma Ferdinand trovò la risposta alla domanda non formulata:

— Era il suo destino. Se il libro esprimeva la teoria del suicidio, lui stesso doveva suicidarsi. Almeno l'ha fatto contento, annegandosi in birra... Anche io vorrei morire cosí, sinceramente.


© Frantz Ferentz, 2012


Sem comentários: