Páginas

terça-feira, 24 de janeiro de 2012

COMO SE VINGAR - COME VENDICARSI



O Carlos tiña a teoría de que para se vingar dunha persoa, a mellor opción era usar a persoa para escribir. E así aconsellouno á súa amiga Irina. 
 
— Lémbrate, úsao para escribir... Hache axudar a botares fóra toda a túa rabia. 

A Irina aceptou o consello. Axiña comezou a escribir unha historia sobre o seu ex, aquel que tanto mal lle fixera. De feito escribiu un romance acerca del, onde o describía como un ser ruín e brutal. Despois deuno a ler ao Carlos. 

— Non entendiches nada —dixo o Carlos rexeitando o manuscrito. 

Dous días despois, o Carlos volveu canda a Irina. Levaba unha bolsiña. El explicoulle que era a súa bolsa literaria, que alí levaba todos os seus trebellos da escrita. 

— Heiche mostrar como se fai unha vinganza —díxolle á Irina mentres sentaba diante da mesa. 

Colleu un anaco de papel, tinta chinesa e unha especie de stylus branco. Despois comezou a escribir. 

— Non entendo, a vinganza faise escribindo a man? —preguntou a Irina. 

— Non, a vinganza faise usando alguén para escribir, non escribindo sobre alguén —explicou o Carlos, que alzou aquela especie de stylus e mostroullo á súa amiga—. Isto é unha falanxe do teu ex e con isto e mais o resto do seu esqueleto, vou escribir unha historia, entendiches?


&   &   &


Carlo aveva la teoria che per vendicarsi di una persona, la miglior soluzione era usare quella persona per scrivere. E così lo consigliò alla sua amica Irina.

"Ricordati, lui ti serve per scrivere... ti aiuterà a buttare via tutta la tua rabbia".

Irina accettò il consiglio. Immediatamente cominciò a scrivere una storia sul suo ex, quel tizio che le aveva fatto tanto male. Infatti scrisse un romanzo su di lui, dove lo descriveva come un essere cattivo e brutale. Poi la diede a leggere a Carlo.

"Non hai capito niente", disse Carlo rifiutando il manoscritto.

Due giorni dopo, Carlo tornò da Irina. Portava un sacchetto. Lui spiegò che era il suo sacchetto letterario, lì portava le sue cose da scrivere.

"Ti mostrerò come si fa la vendetta", disse a Irina mentre si sedeva davanti a una tavola.

Prese un pezzo di carta, inchiostro cinese e una specie di stylus bianco. Poi cominciò a scrivere.

"Non capisco, la vendetta si deve fare scrivendo a mano?", chiese Irina.

"No, la vendetta si fa usando qualcuno per scrivere, non scrivendo su qualcuno", spiegò Carlo, chi alzò quella specie di stylus e lo mostrò alla sua amica. "Questo è una falange del tuo ex e con questo e il resto del suo scheletro, scriverò una storia. Lo capisci adesso?"


© Frantz Ferentz, 2012

Sem comentários: