Páginas

sexta-feira, 23 de dezembro de 2011

O xuízo da meniña.- Frantz Ferentz


A nena de oito anos non quitaba o ollo do novo compañeiro da súa nai. El levaba todo o día a manter o tipo, a non cometer erro ningún, a provocar ningún tipo de irritación na meniña. Todo ía perfecto, pasaría o xuízo da nena —pensaba el— e o derradeiro obstáculo cara ao corazón da nai ficaría despexado, mais entón mordeu naquel biscoito caseiro mol e delicioso...

Unha hora máis tarde, cando o compañeiro da nai xa marchara, a nena deulle a sentenza á nai:

— Ese teu Manolo non che me gusta nada. É un canibal.

— Un canibal? —preguntou a nai estrañada.

— Si, o tipo comeu un anaco do biscoito que preparaches que tiña un cabelo teu. E aínda dixo que estaba boísimo...


                  
© Frantz Ferentz, 2011 


Sem comentários: