Páginas

quarta-feira, 16 de dezembro de 2009

cento once

Desde os cinco anos estivera ligada á internet. Mercaba, comunicaba, traballaba, estudaba pola internet. O portátil era unha prolongación de si mesma, acompañábaa nas comidas, ía con ela ao baño, mais cando saía, a internet seguíaa no seu telemóbil. Por iso, cando morreu, aínda nova, deixara no testamento que quería ficar para sempre na rede. O problema foi que non había ningunha entrada do cabo teléfono axeitada por onde botar as súas cinzas.

Desde los cinco años había estado conectada a internet. Compraba, se comunicaba, trabajaba, estudiaba por internet. El portátil era una prolongación de ella misma, la acompañaba en las comidas, iba con ella al baño, pero cuando salía, internet la seguía en su móvil. Por eso cuando murió, aún joven, había dejado en el testamento que quería quedarse para siempre en la red. El problema fue que no había ninguna clavija del teléfono por donde echar sus cenizas.

Sem comentários: