Páginas

terça-feira, 22 de dezembro de 2009

cento dezasete

  O John M., un caloteiro retirado que mal gañara tres mil dólares en toda a súa carreira, enviou un romance coas súas memorias ao editor Peter L. para llo publicar xunto cun sobre onde ían mil dólares.
  O Peter L. non soubo o que facer cun libro que non trataba nin de sexo nin de política e envioullo ao crítico R. Mendelson.
  O R. Mendelson non tiña vagar para ler o romance, conque o enviou á Maggie S.
  A Maggie S., redactora dunha prestixiosa revista literaria, creu que se trataba dun relatorio do FBI e enviou aquel romance á xornalista Petra W.
  A Petra W. estaba daquela deprimida polo seu divorcio e non quixo ler nada sobre calotes, conque botou ao manuscrito ao lixo.
  No contentor do lixo, o manuscrito foi recollido por un sen-teito que sempre procuraba lectura para ir ao baño, aínda que fose embaixo dunha ponte. O sen-teito gustou daquela lectura tan frutífera e quixo pór en práctica os consellos do libro. Cabo dun ano, o sen-teito tornábase asesor financeiro do Bank of Manhattan, mais nunca quixo revelar de onde quitaba tantas ideas.

  John M., un estafador retirado que apenas había ganado tres mil dólares en toda su carrera, mandó una novela con sus memorias al editor Peter L. para que se la publicase junto con un sobre donde iban mil dólares. 
  Peter L. no supo qué hacer con un libro que no trataba ni de sexo ni de política y se lo mandó al crítico R. Mendelson. 
  R. Mendelson no tenía tiempo para leer la novela, así que se la envió a Maggie S. 
  Maggie S., redactora de una prestigiosa revista literaria, creyó que se trataba de un informe del FBI y mandó aquella novela a la periodista Petra W.
  Petra W. estaba por entonces deprimida por su divorcio y no quiso saber nada sobre estafas, con que tiró el manuscrito a la basura.
  En el contenedor de basuras, el manuscrito fue recogido por un sintecho que siempre buscaba lectura antes de ir al baño, aunque fuera debajo de un puente. Al sintecho le gustó aquella lectura tan fructífera y quiso poner en práctica los consejos del libro. Al cabo de un año, el sintecho se convirtió en asesor financiero del Bank of Manhattan, pero nunca quiso decir de dónde sacaba la inspiración.

Sem comentários: