Páginas

terça-feira, 8 de dezembro de 2009

cen

A propaganda do rexime ocupábase da cultura do pobo. Por iso agasallábanlles libros, dicionarios, enciclopedias editados nun papel dunha calidade semellante ao hixiénico. Os cidadáns obedecían cegamente as consignas do réxime popular socialista. Por tanto, cando o camarada líder lanzou a campaña "amplíe o seu vocabulario", o coitado do J. Ruiz, que mal podía alimentar os seus seis fillos, agarrou o único libro da casa, un dicionario básico agasallo do goberno revolucionario, e comezou a estricalo polos bordos, coa axuda dos seus fillos famentos e da muller grávida, para obedecer fielmente a última consigna do camarada presidente.

La propaganda del régimen se ocupaba de la cultura del pueblo. Por eso, les regalaban libros, diccionarios, enciclopedias editados en un papel de ínfima calidad, como el papel higiénico. Los ciudadanos obedecían ciegamente las consignas del régimen popular socialista. Cuando el líder lanzó la campaña "amplíe su vocabulario", el pobre de J. Ruiz, que apenas podía alimentar a sus seis hijos, agarró el único libro de la casa, un diccionario básico regalo del gobierno revolucionario, y empezó a estirarlo por los bordes con la ayuda de sus hijos hambrientos y de la mujer embarazada, para obedecer fielmente la última consigna del camarada presidente.

Sem comentários: