Páginas

sábado, 7 de novembro de 2009

sesenta e cinco

O Wálter subiu ao sobrado xusto cando o sol asomaba. Sentou no chan e comezou a súa meditación de saúdo ao sol. Xusto entón, a estatua do buda sorrinte que lle agasallaran no Tibet faloulle: "Es un fillo de puta que se comporta coma un auténtico mal nacido, non es digno de te declarar budista". O Wálter só ergueu levemente as pálpebras sen se inmutar. Cando acabou de saudar o sol, o Wálter puxo a estatua do buda sorrinte de espantullo no recanto máis remoto do seu xardín, cun vestido de muller que aínda conservaba da súa ex esposa.

Wálter subio al desván justo cuando el sol asomaba. Se sentó en el suelo y empezó su meditación de saludo al sol. Justo entonces, la estatua del buda sonriente que le habían regaldado en Tibet le habló: "Eres un hijo de puta que se comporta como un auténtico mal nacido, no eres digno de declararte budista". Wálter tan solo levantó levemente los párpados, sin inmutarse. Cuando acabó  de saludar al sol, Wálter puso la estatua del buda sonriente de espantapájaros en el rincón más remoto de su jardín, con un vestido de mujer que aún conservaba de su ex esposa.

Sem comentários: