Páginas

terça-feira, 22 de setembro de 2009

vinte e tres

Comezou a comer aquel prato de espaguetes mollados en tomate, mais aconteceu que era un só espaguete interminábel, que foi sorbendo con calma. Dúas horas despois, o espaguete non daba rematado. Foi ao baño mais seguiu a sorber no espaguete. Vinte e catro horas despois, o espaguete que sorbía non parecía achegarse á súa fin aínda. Non quixo deterse para durmir, continuou e continuou, até que, por fin, o espaguete foi desaparecendo do prato, mais el tamén estaba a deaparecer. Cando quixo decatarse, só lle quedaba a cabeza a aboiar no ar; o espaguete desaparecería xunto con el. Mesmo así, quixo rematar aquel maldito espagueti.

Empezó a comer aquel plato de espaguetis untados en tomate, pero resultó que era un solo espagueti interminable, que fue sorbiendo con calma. Dos horas después, el espagueti seguía sin acabarse. Fue al baño pero siguió sorbiendo el espagueti. Veinticuatro horas después, el espagueti que sorbía no tenía visos de acabar todavía. No se quiso deterner para dormir, siguió y siguió, hasta que, por fin, el espagueti fue desapareciendo del plato, pero él también estaba despareciendo. Cuando quiso darse cuenta, solo le quedaba la cabeza flotando en el aire; el espagueti desaparecería junto con él. Pero aún así, quiso acabar aquel maldito espagueti.

Sem comentários: